Ruta de Tuxe a As Ermidas
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
O antigo nome da comarca era País do Bibei, en honra ao río que a vertebra. Antes de unirse ao Sil en Montefurado, o río Bibei conforma un impresionante canón de máis de 40 quilómetros, con ladeiras que chegan aos 500 metros de desnivel. Nas súas abas cultívase a vide e consérvanse algúns dos bosques de ribeira máis antigos da Península.
A ruta une a aldea de Tuxe, nas Adegas do Souto, co Santuario das Ermitas. O itinerario discorre por antigos camiños tradicionais recentemente recuperados, entre viñedos en socalcos e soutos de castiñeiros, e permite gozar de espectaculares vistas sobre o canón.
O roteiro pasa tamén preto da antiga ponte Teixeira, que comunicaba os Concellos do Bolo e Manzaneda, e que hoxe en día conserva os piares de pedra case intactos.
Horarios e Itinerario
- 10:00 h | Inicio da actividade e Punto de Encontro diante do Colexio Público do Bolo, no casco urbano da localidade.
- Presentación da xornada e dos guías.
- Entrega de botellas de auga para todos os participantes da andaina.
- 10:15 h | Saída cara a Tuxe Traslado en microbús de 19 prazas desde o casco urbano do Bolo acompañado polo guía Victor, de Xanzá Ecoturismo.
- 10:45 h | Inicio da Andaina: Tuxe – As Ermidas Comezo do percorrido a pé guiado. Un traxecto de aproximadamente 8 km que discorre por paisaxes únicas ata chegar ao val do río Bibei.
- 13:15 h | Visita Guiada ao Santuario das Ermidas Percorrido histórico e artístico polo Santuario co acompañamento dun guía oficial de Galicia.
- Nota: Esta visita é gratuíta, por xentileza do Concello do Bolo e o seu Servizo de Información Turística.
- 14:00 h | Regreso ao Bolo Desprazamento de volta en microbús desde As Ermidas ata o casco urbano do Bolo para finalizar a xornada.
Información de Interese
- Transporte: Incluído no microbús de 19 prazas para os traslados internos.
- Recomendacións: Levar calzado de montaña cómodo e roupa axeitada para a camiñada.
- Seguridade: A andaina conta con guía especializado para garantir o bo discorrer da ruta.
Día de realización
Precio
Punto de encontro
Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
Recoméndase o uso de bastóns xa que nos axudarán bastante nas baixadas.
Lugares de interese

Área fluvial das Ermitas
Ponte Teixeira

Museo Yosso

Castelo do Bolo

















