Ruta Río Galir

Dificultade Baixa •

Todas as fotos

8km

Distancia

4h

Tempo estimado

Percorrido circular

A Ruta Río Galir é unha experiencia perfecta para descubrir a beleza natural e o patrimonio fluvial de Valdeorras. O percorrido segue o curso do río Galir, un dos afluentes máis destacados do Sil, cuxas augas modelan unha paisaxe de gran valor ecolóxico e cultural.

A camiñada discorre entre bosques de ribeira formados por ameneiros e chopos, pequenas pontes e zonas de sombra que invitan ao descanso e á observación da natureza. Trátase dun entorno vivo onde se poden apreciar especies autóctonas e mesmo algunhas en perigo de extinción. 

Atravesando un frondoso bosque salpicado de piñeiros, sobreiras e castiñeiros, o camiño lévanos a descubrir As Covas, dúas impresionantes galerías auríferas escavadas directamente nunha empinada parede vertical de arxila, onde antigamente se extraía o prezado ouro. 

A ruta, chea de historia e natureza, resérvanos máis sorpresas: atopamos o miradoiro A Torrizota, que ofrece unha impresionante vista panorámica de Entoma e todo o seu val, un deleite para os ollos. Ademais, no traxecto pódense atopar as fontes de Valdeirexa e a Fonte do Veledo, esta última destacando por un pequeno pero constante chorro de auga ferruxinosa, un claro indicio da riqueza mineral do subsolo.

Río Galir – Adegas Roandi

Unha xornada para gozar da paisaxe vitícola de Valdeorras, camiñando entre socalcos e finalizando cunha experiencia enoturística de primeira calidade.

Ficha Técnica da Ruta

  • Punto de encontro e saída: Adegas Roandi (Entoma).
  • Distancia: 8 km.
  • Dificultade: Fácil.
  • Perfil: Percorrido circular ou con retorno á adega, apto para todos os públicos.

Programa da Xornada

  • 09:30 h | Saída e Inicio da Andaina Recepción dos participantes nas instalacións de Adegas Roandi. Comezo da ruta guiada polos camiños de Entoma, disfrutando das vistas dos viñedos e da arquitectura tradicional da zona. Ruta polo río Galir.
  • 12:30 h | Regreso á Adega Chegada de volta ás instalacións tras completar os 8 km de percorrido por unha contorna natural privilexiada.
  • 12:45h | Cata de Viños Roandi Como broche de ouro á mañá, realizaremos unha cata comentada dos viños da adega, coñecendo de preto o proceso de elaboración e as variedades autóctonas que fan única a esta zona.
  • 13:30 h | Fin da Actividade Peche da xornada e despedida.

Información Recomenda

  • Equipamento: Recoméndase levar calzado cómodo (deportivo ou de montaña), protección solar e auga para o camiño.

Día de realización

30 de mayo

Precio

15 € (Gratuita para os que estén aloxados nun aloxamento do Xeodestino Trevinva-Valdeorras)
Reserva e pago
https://www.conocegalicia.es/

Punto de encontro

Bodega Roandi
Recomendación de vestimenta

Roupa cómoda

Ecoexperiencia
Visita e cata en bodega Roandi en Éntoma.
Ligazóns de interese

Lugares de interese

Galerías auríferas As Covas

Fonte do Veledo

Fonte de Valdeirexa

Miradoiro A Torrizota

Ponte de Éntoma

Camiño De Santiago de Inverno

O Barco de Valdeorras