Ruta das Lagoas de Xares
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
Debido á época do ano na que nos atopamos, ó longo do percorrido admiraremos a Natureza de Trevinca a mediados da Primaveira. Percorrido moi interesante para fotografar paisaxes de alta montaña, flores, cursos de auga, páxaros, anfibios, gando presente nas serras …. en definitiva VIDA en estado puro. Unha actividade que estamos seguros non vai a deixarvos indiferente en moitos sentidos e estamos certos que repitades no futuro pola cantidade de sensacións novas que van espertar en Vós. Vívela connosco. Nós te guiamos.
Unha viaxe ao corazón da alta montaña galega, guiada por profesionais titulados e centrada na interpretación do valor glacial e natural da zona.
Detalles Técnicos
- Data: Domingo, 26 de Abril.
- Punto de Encontro: Centro de Interpretación das Montañas de Trevinca.
- Distancia: 13 km (Percorrido lineal).
- Duración: 7 horas aproximadamente.
- Desnivel: +610 m / -724 m.
- Dificultade: Moderada (Precísase boa condición física para o desnivel acumulado).
Cronograma da Actividade
| Hora | Fito da Xornada |
| 08:45 | Recepción de participantes no Centro de Interpretación. |
| 09:00 | Presentación, charla informativa e visita ao Centro. |
| 12:45 | Chegada á Lagoa Glaciar (1.500 m). |
| 14:00 | Tempo para o descanso e xantar (picnic). |
| 17:30 | Fin da actividade e posta en común (feedback). |
O que inclúe
- Equipo Profesional: Guía TD2 de Media Montaña e Guía Acompañante TD1 (ambos locais).
- Seguridade: Seguros de Accidentes e Responsabilidade Civil, máis botiquín comunitario.
- Formación: Interpretación da contorna e asesoramento previo sobre material e clima.
- Cultura: Entrada ao Centro de Interpretación.
Que debes levar?
Ao ser unha zona de alta montaña, recoméndase:
- Calzado de montaña con bo agarre (botas ou zapatillas de trail).
- Ropa por capas (sistema das 3 capas).
- Protección solar e auga suficiente.
- Xantar propio.
Conclusións. En función das condicións meteorolóxicas, e das características do grupo, a organización reservase o dereito de modifica-los horarios da actividade, ou mesmo varia-la ruta prevista. Ó longo do percorrido impartiranse diversos conceptos sobre montaña, dende seguridade a equipamento ou loxística.
Dende a aldea de A Ponte tomaremos unha pista de terra que nos conducirá ó coto de caza de Xares para coñecer diversas lagoas, algunha delas cun orixe glaciar. O descenso dende a derradeira lagoa, xa cara a aldea de Xares, non é moi pronunciado, salvo no seu treito final. Tódala actividade transcorre por pista forestal. É un lugar máxico para desfrutar do silencio, do vento que normalmente agarima o noso rostro e marabillarse ca magnifica Natureza de Montaña do Territorio de Trevinca.
Persoas nun estado físico normal e HABITUADAS a camiñar por montaña e/ou que realicen calquer outra actividade física de xeito regular.
Día de realización
Precio
Punto de encontro
Equipamento deportivo
Información e contacto
Lugares de interese




